viernes 30 de septiembre de 2011

Caixas de pedra




Crucei, en soidade, os poeirentos camiños

do país onde nacen os suicidios.

Unha terra de pétreas miradas,

torvas de odio, de incomprensión.

Mesquiñas mentes rexen o seu destino,

mentres, o pensamento, se amontoa en fedorentas sentinas

de ignorantes e caladas paredes.

De odiosos filisteos de letras. Desestabilizadores.

Inconformistas.

Descridos de autentícaa Fe.

Condenados polas súas dúbidas.

Só o seu auto exterminio xustifica o paso

das súas impías almas por este mundo de deuses.

Cada día, cando baleiran o contido das sentinas,

os Xustos descobren a existencia de Deus

que, sobre a marcha, corrixe as súas liñas torcidas.

Un novo filisteo da fe,

un novo crente da razón

aparece morto pola súa propia man.

A Suprema voz silenciosa

efunde unha vez máis a Verdade sobre os píos.

A Fe crece.

A Razón afógase no seu choro.


Eu abandonei a tempo a terra onde se escriben os suicidios.