Crucei, en soidade, os poeirentos camiños do país onde nacen os suicidios.
Unha
terra de pétreas miradas, torvas de odio, de incomprensión.
Mesquiñas
mentes rexen o seu destino, mentres, o pensamento, se amontoa en
fedorentas sentinas de ignorantes e caladas paredes.
De
odiosos filisteos de letras. Desestabilizadores. Inconformistas.
Descridos de autentícaa Fe.
Condenados
polas súas dúbidas. Só o seu auto exterminio xustifica o paso
das súas impías almas por este mundo de deuses. Cada día, cando
baleiran o contido das sentinas, os Xustos descobren a existencia de
Deus que, sobre a marcha, corrixe as súas liñas torcidas.
Un
novo filisteo da fe, un novo crente da razón aparece morto pola
súa propia man.
A
Suprema voz silenciosa efunde unha vez máis a Verdade sobre os
píos.
A
Fe crece. A Razón afógase no seu choro.
Eu
abandonei a tempo a terra onde se escriben os suicidios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario