Blog personal de Foto Rohu


Para acceder a la página oficial de Foto Rohu acceder a www.fotorohu.es y para hacerlo a la página de prensa en www.rapifoto.es. También puedes localizarme en Facebook
Mostrando entradas con la etiqueta paisajes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paisajes. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de abril de 2008

Monforte desde a alma


É alí, nos límites difusos do meu entendemento, da miña razón,
onde ao caer o chumbo do meu corpo rendido
sobre uns xeonllos dobregados por un peso inmaterial,
insoportable e denso,
paralízase o Tempo,
en espera dunha nova escusa que xustifique a súa monótono camiñar.
Cando me vexo alí, só e cansado unha vez máis,
xorden de novo vellas cuestións existe o Tempo?
Ás veces albergo serias dúbidas da súa realidade,
tan só o goteo constante de novas sensacións
cuxos sentimentos, logros e derrotas,
recórdanme que, ante a dúbida da súa existencia
nace un novo día
portador doutro marabilloso segredo ávido de ser descuberto.
Monforte existe.